O MARCO e a Fundación Seoane celebran os seus aniversarios de maneira diferente

Festas e despedidas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os nosos museos están de aniversario. Un cumpre cinco anos, o outro o dobre, e vano celebrar de xeito diferente. O primeiro lustro do MARCO contará cunha festa que durará trinta e catro horas ininterrompidas con actividades para públicos de todas as idades. Pola contra, a primeira década de vida da Fundación Seoane chega cunha situación ben diferente. Leva máis de tres meses con Silvia Longueira como directora en funcións e, pendentas da súa substitución, esta tarde inauguran unha das exposicións previstas para celebrar o aniversario: Unha escolma de traballos realizados por Seoane e polos que compartiron con el a época de exilio.

Máis información no web do MARCO e no da Fundación Seoane

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Seoane, Exposicións, Museos, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)