A nosa produción editorial promovese desde hoxe na Feira Internacional do Libro de Uruguai

Literatura de acá para alá

Hoxe comeza en Montevideo a Feira do Libro de Uruguai e a literatura galega disporá alí dun posto de representación a cargo da Consellaría de Cultura. Deste xeito a produción editorial galega estará presente na feira sendo o único país non americano que contará cun espazo propio na mesma. Dentro do programa previsto ata día 7 de outubro está a presentación do libro “Relato dun emigrante” do editor e libreiro compostelán afincado en Montevideo Manuel Losa, a lectura pública de obras de Castelao así como de outros autores galegos. Tamén haberá actuacións musicais a cargo do grupo de gaitas do Centro Val Miñor e da cantante Cristina Fernández.


Máis información na Consellaría de Cultura e Deporte