Dolores Vilavedra presenta un estudio sobre literatura galega contemporánea

Para saber máis de contemporaneidade narrativa

| Santiago.Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O estudio la Literatura Galega Contemporánea da un paso máis coa publicación de Sobre narrativa galega contemporánea, publicado por Galaxia e que se presenta hoxe en Sargadelos.

Dez anos de traballo

O libro que se presenta hoxe é o resultado de dez anos de investigación, e inclúe ensaios e artigos variados que tocan, ademais da narrativa, crítica e discurso social, a cuestión da literatura nacional ou a relación creación-crítica. Na obra afóndase nas obras de escritores como Víctor Freixanes, Manolo Rivas ou Xosé Carlos Caneiro.



Función da literatura


Dolores Vilavedra cre que a función da literatura é a de amosar "o que levamos agochados dentro de nós mesmos", o que implica unha invitación a reflexionar sobre a existencia e sobre o que se quere ser.

A autora

Dolores Vilavedra é profesora de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Ademais, exerce de directorea adxunta no Anuario de Estudios Literarios Galegos e coordina o Diccionario de Literatura galega. Entre as súas actividades está o de traducir a autores como Manolo Rivas

Que che parece esta nova?
12 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Narrativa, Dolores Vilavedra, Sargadelos...