Pioneira no campo das librarías especializadas, a compostelá Kómic é toda unha institución na BD galega. Agora, celebra os seus vinte anos con toda unha serie de actividades que se desenvolverán entre o tres e o trece de outubro. Unha mostra de David Rubín e de Fran Bueno, unha conferencia de Álvaro Pons sobre a visión exterior da BD galega, un coloquio entre os tres e, finalmente unha festa-concerto na Sala NASA completan o programa desta celebración. Parabéns e por moitos anos.
O cartel co programa do evento
aquí; máis información no blog de David Rubín