Desde hoxe e ata o venres, o Gran Hotel de Mondariz acolle os V Encontros de Mondariz-Balneario, que organiza a Fundación Carlos Casares. “Un dos obxectivos”, afirma a Fundación, “é discutir sobre se a diversidade cultural de América Latina pode resultar conflitiva ou se, pola contra, presenta unha compoñente de “capital social”, substrato de posibles iniciativas anovadoras na perspectiva de superación do atraso da rexión”. Para discutir ao respecto, o programa inclúe conferencias e diálogos con especialistas como Carlos Taibo, Roberto Mansilla, Ramón Máiz ou o Ministro de Cultura de Venezuela, Francisco Sesto Novás.