Trinta e dous concellos de Galicia estrearán as oficinas electrónicas

Tecnoloxía social

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Acabáronse as colas para facer trámites en trinta e dous concellos de Galicia. Son os que estrearán nos vindeiros meses as oficinas electrónicas, tal e como asinaron este mércores no Parlamento Europeo o conselleiro da Presidencia e mais o presidente da Fundación Europea para a Sociedade da Información e a Administración Electrónica. Serán as primeiras oficinas deste tipo en toda Europa e supón avanzar un paso máis cara a Sociedade da Información. Ademais, a Consellaría de Economía foi galardoada co premio Computer World 2007 pola súa aposta a prol das novas tecnoloxías no ámbito da Administración Electrónica aplicada sobre todo na área tributaria.

Máis información sobre as primeiras oficinas electrónicas en Vieiros e sobre o premio da Computer World en Código Cero

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Vieiros, Europa, Economía

Claves

Entidades
Lugares