A Asociación de Escritores en Lingua Galega pide que a casa de Castelao pase a mans públicas

Cousas de Castelao para todos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Mediante un comunicado a AELG apoia á Fundación Castelao pedindo que a casa rianxeira do prócer sexa declarada Ben de Interese Cultural e que esa declaración se faga extensiva a todos os seus orixinais de obra gráfica e escrita para protexelos no futuro ante transaccións mercantís. Os escritores cren que o inmoble non debe ser propiedade privada e apostan pola vía da expropiación para poñer a propiedade nas mans públicas pedindo unha “xestión de carácter público e institucional co fin de contribuír á difusión do pensamento e da obra do creador”. A AELG pide que casa de Daniel Castelao sexa un lugar público e aberto de encontro e de estudo. A asociación de escritores apoia así a reivindicación que a Fundación Castelao fixo a finais de xullo no mesmo sentido.

Nota de prensa da AELG
Máis información sobre a petición nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Escritores, Fundación Castelao, Lingua galega...