Unhas xornadas inciden nos vínculos culturais entre Galicia e Uruguay

Urogalego

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galicia e Uruguay teñen poboacións similares e unha relación de migración que dura xa máis dun século e medio. Uns vínculos sobre os que pretende afondar a Consellaría de Cultura, en colaboración cons concellos de Ribadeo e Lourenzá, nas xornadas que se celebran desde mañá ata o 16 de setembro. Estas sesións, que contarán con relatorios que afondarán no tema da emigración, recuperarán as figuras de dous escritores nados en Galicia e que desenvolveron a súa tarefa literaria en Uruguay como son José Alonso y Trelles e Juana Fernández.

Consulta o programa en Xornal

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escritores, Ribadeo

Claves

Conceptos
Lugares