A Conferencia Chapman pronostica un clima máis suave para Galicia

Seica chove

Os expretos en clima que participan na Conferencia Chapman sobre a Oscilación do Atlántico Norte (NAO), que se celebra desde onte en Ourense, pronostica que a meteoroloxía galega será máis suave que a actual, mentras que os nosos veciños do sur pasarán máis calor. A conferencia analiza a influencia da Oscilación do Atlántico Norte no clima.

Un fenómeno relacionado coa sequía



A Oscilación do Atlántico Norte é un fenómeno de variabilidade atmosférica determinado pola diferencia de presión entre as zonas de altas presións subtropicais e as de baixas presións que se dan no océano. Cando a diferencia entrea as dúas zonas é moita, provoca efectos de sequía na Península Ibérica, e cando as presións están máis igualadas danse tormentas e exceso de chuvias. Aínda que normalmente as dúas fases se viñan sucedendo con regularidade, nos últimos vintecinco anos predominou a que provoca a seguía.











Debate internacional



A Conferencia Chapman vense celebrando desde hai naos coa participación de expertos de todo o mundo, senda esta unha das escasas ocasións en que se realiza fóra de Estados Unidos. Nesta edición reuníronse máis de 160 expertos en meteoroloxía de todo o mundo, que discutirán ata o venres os efectos da oscilación nos climas. As conclusións da conferencia levaranse ó Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático da ONU.



Efectos



Entre os efectos que se atribúen á oscilación está o de afectar ó desprazamento dos bancos de peixes, aínda que non está moi determinado o xeito en que inflúe. Tamén se considera que ten efectos sobre o tempo de reproducción e as dinámicas de poboación e relacións entre especies animais terrestres.