A coincidir co calor e coa multiplicación de romarías e de festas de todo tipo no noso país, é nos meses estivais onde é máis común ver nas nosas rúas, adros e prazas xente ataviada cos nosos traxes tradicionais. No entanto, non todo o mundo está de acordo en que o que ollamos sexa realmente parte da nosa tradición. As polémicas sobre a nosa moda popular mantéñense desde hai anos.
En xeral, no momento en que a cultura popular pasa a ser recuperada por elites urbanas, prodúcese unha alteración daqueles costumes ou elementos que se queren recuperar. Sexa por diferentes valores estéticos, por cuestións ideolóxicas e de moralidade, ou mesmo por falta de práctica e sen que cumpra mala intención, este proceso dáse en todo o mundo desde que, nos séculos XVIII e XIX comezou a recuperación dos elementos folk. A nosa vestimenta tradicional, como non, sufriu tamén procesos deste tipo. Segundo explica Álex Regueiro, un dos sete artesáns que Industria recoñece como especializados na confección da nosa vestimenta, Lendo Pardo Bazán, Curros Enríquez, Rosalía ou outra xente de espírito rexionalista vese que representan unha variedade e traxes inmensa. De calquera xeito, e malia a que é posiblemente un dos elementos máis traballados, difundidos e recuperados desde hai case 200 anos, a investigación desta parte da nosa cultura popular dista de estar completa.
Historia de cambios
Xa a comezos do século XX existen denuncias sobre deturpacións encol do noso traxe tradicional. Pefecto Feijoo denunciou no seu momento que se estaba a producir unha alteración do traxe porque se tendía a uniformar as corais, explica Álex Regueiro. Xa hai unha constancia destes problema que vén desde comezos do século. Máis adiante, o traballo da Sección Feminina da Falanxe e das súas agrupacións de coros e danzas provocaron aínda unha maior confusión encol das características do traxe popular. O franquismo non é que producise algunha alteración, realmente cortou de raíz calquera expresión artística galega. A estandarización que produciu este movemento foi despois recollida por nenos e nenos e nenas que ensaiaban con eles e que interpretaron que aquel era o traxe tradicional. Non foi ata os oitenta que se iniciaron traballos de campo serios, asegura.
Problemas de recuperación
Malia a estes traballos, nos últimos vinte anos mantéñense aínda mitos e erros na reconstrucción do noso traxe tradicional. Somos vaidosos e andamos á competencia de ver quen se viste máis espectacular. E entón inventamos, explica este investigador.As deturpacións do noso traxe, para alén da vaidade, poden vir por diferentes bandas. Moita xente recupera modelos a partir de fotografías que están en branco e negro. Un ten que formarse para recoñecer as diferentes tonalidades dunha fotografía e interpretar se unha cor era vermella ou negra, explica Regueiro. Ademais, hai que recorrer aos pintores e máis á tradición escrita, e moita xente é preguiceira para se meter nas bibliotecas.
Mudanzas do espectáculo
Canda a isto, este artesán denuncia que a maior parte dos traxes que existen están elaborados por persoas que carecen de correspondente cualificación de industria, e que isto provoca a miúdo desviacións nos modelos que se amosan. En case ningún dos grupos de baile van as mulleres ben vestidas. Por exemplo as saias era moi raro que pasasen dos catro metros de voo, e agora todas teñen máis porque loce para a interpretación, explica. Ao tempo, denuncia modificacións nos materiais, en moitos casos artificiais, ou un exceso de colares e adornos. A outro nivel, un dos problemas máis comúns dos traxes actuais é a mestura de elementos de diferentes comarcas. Iso non lle fai mal á xente que olla un espectáculo, pero se non se recoñece de onde é unha prenda tíraslle o mérito a unha artesanía local e faslle mal á cultura explica Regueiro, detrás dunha prenda hai unha manufactura que daquela podía ser toda a vida dunha aldea.
Reivindicacións
En xeral, este investigador denuncia unha falta de rigor nas reconstruccións dos traxes que se poden ver no noso país e mais un xeral desinterese da administración para recuperar os modelos orixinais. Que a conselleira de Cultura se vista co traxe tradicional e que todos os que participan no día de enxalzamento do traxe, representantes de institucións ou universidades que todos, se aparezan con el, reclama. Canda a isto, para Regueiro é fundamental tamén a creación dun museo do traxe no que se poidan ver pezas orixinais para que non queda dúbida sobre como eran os elementos reais e que conte cun departamento de conservación que permita a supervivencia de prendas delicadas.