Tres arquitectos e o conselleiro de Medio Ambiente seleccionan as sete marabillas galegas

Por onde marabillarse

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A moda de seleccionar as sete marabillas dun país chegou tamén a Galicia. Desta volta foron os arquitectos José Luís Pereiro, César Portela e Andrés Reboredo, canda ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, os responsables da lista que estes días recollen diferentes medios galegos. Os enquisados coincidiron fundamentalmente nas Illas Cíes e na Catedral e Santiago. As Rías, as Murallas de Lugo, a Ribeira Sacra, o Dolmen de Dombate ou o barrio ferrolán da Magdalena foron outros dos espazos que xurdiron neste proposta.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Opinión

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Vázquez, César Portela, Catedral, Moda...