Zarauza inicia a rodaxe da súa ópera prima “A noite que deixou de chover”

Chove en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chove en Compostela durante tres meses seguidos. A primeira noite que a chuvia dá unha tregua, Spleen (Luís Tosar) acode a comprar pan e coñecer á Rusa (Nora Tschirner) coa que inicia unha viaxe inesperada a través da noite na cidade de Santiago que mudará a súas vidas. É o argumento de “A noite que deixou de chover”, a ópera prima de Alfonso Zarauza que comezará a rodar o vindeiro luns 6. Por diante quedan oito semanas de rodaxe dunha coprodución de Iroko Films e Perro Verde Films, producida por Harold Sánchez e Manuel Cristóbal e que conta co apoio do ICAA, a TVG, a Film Comission de Santiago de Compostela e a Axencia Audiovisual Galega.

Máis información na súa ficha

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Onde a chuvia é arte

Alfonso Zarauza explica a súa ópera prima A noite que deixou de chover

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Alfonso Zarauza, Luís Tosar, Manuel Cristóbal...