A Xunta crea unha unidade para fichar científicos de “prestixio internacional”

Buscando materia gris

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
A Consellería de Innovación e Industria acaba de crear a Unidade de Captación de Intelixencia Estratéxica, un departamento integrado na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial. Serán entre 8 e 9 millóns de euros destinados a contratos de alta dirección para científicos de “prestixio internacional” que desenvolverán Centros Tecnolóxicos e Centros de Investigación de Excelencia, para a “posta en marcha de accións estratéxicas e a promoción de proxectos de gran alcance”, no marco do Plan Galego de Investigación, en modalidades de contratación temporal ou indefinida. O primeiro tramo, de millón e medio de euros, iniciarase no 2008 coa posta en marcha da Unidade. Agárdase que as primeiras contratacións comecen a producirse entre maio e decembro de 2008.

Máis información no web da Consellería de Industria

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)