O gaiteiro Pablo Seoane presenta o seu segundo disco no que usa a dixitación pechada

Fluíndo en pechado

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

O gaiteiro Pablo Seoane presentará oficialmente durante as Festas do Apóstolo de Compostela o seu novo traballo discográfico “Fluíndo en pechado”. Este segundo disco de Seoane, foi gravado nos estudios de produción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”. O disco púxose á venda o pasado 1 de xullo. “Fluíndo en pechado” é un traballo con 14 temas baseado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo practicamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos. O concerto no que presentará oficialmente este disco será ás 22:30 horas na Praza do Toural. Pablo Seoane, acadou no 2002 o terceiro posto do trofeo McAllan de gaita do Festival Internacional de Música Celta da localidade francesa de Lorient.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Apóstolo, Celta, Radio Galega, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)...