A Xunta saca a concurso os planes directores para o Museo de Nenos e o Centro de Arte Internacional

Cultura infantil con arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar os concursos dos plans directores de dous centros da Cidade da Cultura. O Museo de Nenos está destinado a cativos de entre 3 e 12 anos contará cun escenario-teatro, galería interactiva, aulas para obradoiros interativos e deberá estar vencellado aos currículos escolares e aos outros edificios do complexo. En canto ao Centro de Arte Internacional, este deberá presentar exposición temporais procedentes de institucións de recoñecido prestixio, ademais de ser un punto de encontro de producións artísticas latinoamericanas e europeas. Os proxectos atenden a aspectos como a definición de principios teóricos, os modelos de referencia, plan de marketing, catálogo de servizos e propostas de programas de difusión.

Máis información no web da Cidade da Cultura sobre o Museo de nenos e o Centro de Arte Internacional

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Galería, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Conceptos