Unha anciá fala a cámara detalles da guerra civil española, do que comÃa, do que vestÃa, como eran as festas e como se divertÃa. A priori pode parecer un documental ao uso dos que agroman con motivo do "Ano da memoria", pero non o é. Foi feito por rapaces, mobilizou a máis de cen veciños de Alfoz do Valadouro e é un exemplo de voluntarismo, imaxinación e creatividade asociada ás novas tecnoloxÃas dixitais. Educar e divertir non é incompatible.
Foi no Nadal de 2006 cando José Peinó, profesor de Sociales do IES Alfoz-Valadouro decidÃu facer unha curtametraxe como actividade extraescolar. Como tamén asume tarefas na biblioteca, e é un dos artÃfices do grupo de teatro do centro, pensou que era outra iniciativa atractiva para motivar aos seus alumnos. “Preguntei quen querÃa elaborar un guión que lle gustase e logo mirariamos se era factible facelo” explica José que foi un dos primeiros sorprendidos pola resposta. Dos 110 alumnos que ten matriculado este centro do Valadouro uns 49 rapaces (como era de esperar as mulleres gañaron en número aos homes: 23-19) formaron parte deste traballo no que os alumnos fixeron de todo: guión, rodaxe, caracterización... un traballo colaborativo.
Todos a unha
“Hai moitas cousas que resultan sorprendentes cando te pos a traballar nun proxecto asÃ, sobre todo cando chegas ao final, ollas cara atrás e ves todo o que hai feito pero, sobre todo, a implicación e a entrega de toda a xente que o fixo posible”. Deste xeito José Peinó olla cara atrás para darse conta de que non foi doado coordinar a un equipo de preto de 100 persoas, rodar en 22 localizacións diferentes e, sobre todo, conseguir que todo o mundo se motivase por igual en facer este proxecto. José pensa que “Foi quizais un cúmulo de circunstancias”. En todo caso, o que queda é un traballo de 55 minutos e un montón de persoas satisfeitas polo esforzo realizado.
O profesorado, os traballadores do centro (desde a da limpeza ata a secretaria), os pais dos alumnos, os veciños e, sobre todo, os propios alumnos todos achegaron o seu gran de area neste proceso colaborativo.
O proceso
MarÃa Quirós é a cabeza pensante de todo este proxecto. “Foi ela que, nas vacacións estivo cos seus avós falando sobre os seus recordos e ocorréuselle que a curtametraxe poderÃa contar a historia, un relato no que os entrevistados lle preguntaban a un maior a súa propia vida” e asà foi. José Peinó deulle forma de guión cinematográfico para poder botalo adiante. En todo caso, o de MarÃa non foi o único proxecto, outro rapaz tamén propuxera outro traballo “O señor dos ladrillos” unha parodia da triloxÃa de Tolkien que non se acabou facendo porque era moito máis complexo. “Neste proxecto habÃa que buscar decorados, caracterizar as personaxes... era moito máis traballo e complicado por iso non puido ser” xustifica José Peinó.
A partir de aÃ, houbo que deseñar un plan de rodaxe e cada un dos alumnos tivo que propor localizacións, pensar a súa personaxe e buscar algún actor de fóra do instituto para darlle máis credibilidade e verosimilitude á narración. Foi asà como os rapaces buscaron nas súas casas a complicidade dos seus familiares para formar parte da rodaxe. Nesta fase do traballo, José Peinó destaca un nome propio: o de Iván Campos. “Foi un dos rapaces que máis se implicou no que podemos chamar a produción do traballo porque buscou as localizacións de fóra do centro escolar e, ademais, a súa familia formo parte do proxecto ata tal punto que boa parte se rodou na súa casa e mesmo a súa irmá estivo no reparto actoral”. Como o IES de Alfoz conta cun grupo de teatro desde hai anos, non foi difÃcil escoller os actores principais, xa que eran rapaces que contaban cunha certa práctica no mundo da interpretación.
Foi asà como as tardes dos mércores, xoves e venres, ao acabar as aulas, os rapaces mudaron os apuntamentos polas cámaras e os focos para converterse en protagonistas da súa propia historia. Tras tres intensos meses de rodaxe, José Pino levou o material para a sua casa onde no seu equipo doméstico fixo a edición dixital da gravación. Mentres, Jorge Olivera, profesor de música encargouse da selección musical e mesmo se atreveu a facer algunhas pequenas composicións para o proxecto.
O resultado
O primeiro domingo despois de rematar as clases (coas notas xa entregadas) o IES de Alfoz organiza un festival de fin de curso. Este ano, que coincidiu co dÃa de San Xoán, tivo unha acollida especial porque foi o momento no que se puido ver a “premiere” da pelÃcula. “Tivo unha acollida fantástica, explica José Peino, e á xente gustoulle moito. Tanto que mesmo houbo unha persoa que me dixo que chorara da emoción”.
José non sabe se a iniciativa se repetirá para o vindeiro curso escolar, non tanto polo moito traballo que deu, senón polo feito de que hai que innovar. De momento, en plenas vacacións José lembra a sorpresa que tivo a súa iniciativa. “Sempre que fas unha actividade sempre se apunta unha minorÃa, pero este ano pareceume que se disparara a cousa e, sobre todo entre o profesorado, que si que é unha cousa sorprendente” asume con satisfacción. Un exemplo de que educar e divertirse non teñen porque estar enfrontados.