A Mostra Internacional de Teatro coincide co inicio da exposición para celebrar o nacemento da escena galega

Chegan os 125

| Santiago. Redacción | Seccións: EspectáculoExposicións
Compartir:
Ribadavia marcou o inicio do rexurdimento do teatro galego. Por iso non é de estrañar que sexa nesta localidade onde se inaugure a exposición que o IGAEM ten previsto para conmemorar os 125 anos do teatro galego. A data é o vindeiro 17 de xullo, día no que tamén comeza a Mostra Internacional de Teatro, que este ano prima as montaxes sobre memoria histórica e o circo. Para a vindeira semana tamén está previsto que comece a programación conmemorativa que ofrecerá 25 espectáculos en 40 concellos que serán representados en espazos abertos para popularizar a escena.

Máis información sobre a programación no número15 do Boletín e_scena e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, IGAEM, Escena Galega, Rexurdimento...