Arrinca a Mostra de Teatro de Ribadavia con memoria histórica, circo e teatro para bebés

125 anos a punto de despegar

17/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Van ser oito días de representacións en Ribadavia, a capital histórica do teatro galego. O programa da XXIII Mostra de Teatro de Ribadavia vén cargado dunha proposta moi diversa de vinte compañías e porase en marcha coa inauguración, a cargo de Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e o pregón do xornalista Camilo Franco, esta tarde. Memoria histórica, circo e teatro para bebés son algúns dos eixos sobre os que xirará un evento pensado para todos os públicos e que durará ata o 24 de xulo.

Máis información en La Voz de Galicia; programa da Mostra de Teatro

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ribadavia, Memoria Histórica, Ánxela Bugallo...