Morre Antón Mouzo, o pintor da busca continua e a experimentación colorista

Lenzo en branco

As súas últimas exposicións tiveron lugar en América, foi ilustrador de “Costa da morte blues” de Manuel Rivas e participou en mostras colectivas como “Diálogos co silencios” (San Domingos de Bonaval, 2000) ou “Revisión dunha década” (Auditorio de Galicia, 1990). Antón Mouzo morreu onte no seu Vimianzo natal por mor dun linfoma de Burkitt que o mantivo afastado dos circuítos expositivos. Pertenceu á xeración que fixo coincidir a súa explosión creativa co debate sobre a arte e amosou unha preocupación pola súa renovación constante, tanto na forma como nos materiais.

Máis información en La Voz de Galicia e en El País