Nace un festival de rock como froito da edición do disco “Gallaecian Metal Compilaton”

Da compilación ao festival

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:
En febreiro do 2007 saíu ao mercado o duplo disco “Gallaecian Metal Compilation” editado polo selo Falcatruada. O disco reunía unha escolma de temas de 26 grupos galegos de “hard” e “metal” rock. O proxecto foi organizado polos propios grupos coa intención de dar a coñecer a vizosa saúde do “metal” no país e tan boa semella ser esa saúde e tanta unión creou entre os grupos que agora o proxecto segue a funcionar e pasa a converterse no festival “Gallaecian Metal Fest” no que durante dous días dez destes grupos tocarán en directo a súa música. O evento terá lugar os vindeiros días 13 e 14 de xullo na Carballeira da Guía, en Vigo e a entrada será de balde.

Máis información en Gallaecian Metal Fest
e sobre o disco en Gallaecian Metal Compilation

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Pasos de Metal

Pasos de Metal

Nace a primeira revista en galego dedicada ao rock duro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Guía, Vigo

Claves

Conceptos
Lugares