Ningún dos festivais de ópera de Galicia figura nas axudas que concede o Ministerio

Ópera sen axuda

2/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O Festival Mozart e o festival de Ópera da Coruña pasan por figurar entre os circuítos líricos do Estado segundo algunhas das máis prestixiosas revistas. Sen embargo, tal e como publica hoxe “La Voz de Galicia” ningún deles figura entre eventos que reciben axudas directas do Ministerio de Cultura. O departamento que dirixe Carmen Calvo acaba de conceder 35 millóns de euros a Bilbao, Oviedo, Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla e As Palmas para a organización deste tipo de eventos.

Máis información en La Voz de Galicia e as liñas de axuda para a música no web do Ministerio

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, La Voz de Galicia, Mozart, Festival Mozart...