A Universidade da Coruña ofrecerá título propio en Pedagoxía Teatral

Titulitis

Ata o de agora facer teatro en Galicia era unha práctica de afeccionados circunscrito a pequenas asociacións e a círculos minoritarios. Sen embargo, desde este curso académico a Universidade da Coruña ofrecerá a posibilidade de convertir esa afección nun proxecto educativo con título propio. É a Diplomatura de Pedagoxía Teatral que converte á Universidade coruñesa en pioneira en Galicia. Tres anos que formará a alumnos en interpretación, dirección, dramaturxia, iluminación e escenografía.

Desglose de tres anos de traballo


Os estudios da nova licenciatura en Pedagoxía Teatral estructúranse en tres anos e conta con 180 créditos repartidos en 162 materias troncais e 36 optativas. No primeiro ano, a maior parte da carga lectiva repártese en materias como lingua españla e Galega, dramaturxia, antropoloxía cultural e técnicas de expresión corporal. O segundo curso, e partindo de que é unha carreira eminentemente práctica, inclúen un "Practicum" de 14 créditos de Actuación teatral. Unha materia que repite no terceiro ano da diplomatura e que está destinada, principalmente, en formar ós alumnos no ensino en centros e práctica en dirección con grupos.


Prazos e información


Este ano a Facultade de Ciencias da Educación albergará, a partires de outubro, ós sesenta primeiros alumnos da recén creada "Diplomatura de Pedagoxía Teatral". Unha carreira á que poderán acceder os alumnos do extinto COU ou FP que non teñen porque ter superada a proba da selectividade. O prazo de preincripción xa está aberto.
O proxecto está liderado polo Catedrático Alfredo Rodríguez Lopez-Vázquez, quen xa ten experiencia de estar á fronte de proxectos de ensino teatrais. De feito é o director do curso de postgrado en "Estudios Teatrais" desde que se creou en 1995.


Colaboracións

Para esta nova titulación, a Universidade da Coruña contará co apoio de centros específicos e importantes dentro do panorama teatral. É o caso da Universidade Estatal de San Petersburgo que leva máis de corenta anos formando profesionais das artes escénicas. A colaboración concrétase tanto a nivel teórico (xa que a Coruña contará con dous profesores da universidade rusa) como desde o punto de vista práctico. Ademais do centro ruso, desde a universidade coruñesa tamén se contará coa colaboración doutros centros académicos.