fin de semana 22/06

Entramos no verán coa cor e a frescura de Os Favoritos de Nalda, o proxecto musical unipersoal de Elena Sestelo. Unha semana máis a realidade do xénero da fantasía e a ciencia ficción ven da man de Os 7 Fantásticos de Fran Morell. Sempre atopamos un motivo para sorrir no álbum dos Trinta Anos de Humor Gráfico de Xaquín Marín que pouco a pouco subimos á rede. En Entretemento acharás xogos e pasatempos para o lecer.