Seis colectivos sen ánimo de lucro reciben axudas de Política Lingüística para editar BDs

BD sen lucro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dentro dos 590 proxectos que recibiron recentemente axudas de Política Lingüística para incrementar o emprego do galego atopamos un feixe de iniciativas que adoptan a forma de bandas deseñadas. A asociación Alexandre Bóveda propuxo unha biografía en cómic do galeguista e mais un curso de BD. Tamén os veciños de Fontenova farán un obradoiro. A Fundación contra o Narcotráfico titula "Na liña" o seu proxecto de edición. A Aula Natural Xesta recibiu apoio para un Cómic Multimedia. Finalmente tanto a asociación Nemancos coma a Asociación para a Bioconstrución reciben apoio para cadanseu proxecto de BD.

Máis información no web da Xunta

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Cómic, Alexandre Bóveda, Obradoiro...