A RAG e a Xunta pretenden rematar a colleita da microtoponimia no ano 2010 A RAG e a Xunta pretenden rematar a colleita da microtoponimia no ano 2010

Os nomes pequenos

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Unha xuntanza entre o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, e os membros da Comisión de Toponimia da Xunta serviu para que as dúas entidades se comprometan a ter rematada a colleita de microtoponimia no país para o ano 2010. Ademais, a Academia terá unha maior representación na Comisión de Toponimia e non se descarta unha achega económica ó proxecto.

Proxecto Toponimia

O Proxecto Toponimia de Galicia pretende recoller todos os nomes de lugar existentes no país e catalogalos, definira a súa ortografía e localizados sobre o mapa. Este proxecto está a ser desenvolvido por unha comisión dependente da Consellería de Presidencia e conta co apoio da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal e a Dirección Xeral de Política Lingüística. Ademais, cóntase coa colaboración de diferentes concellos e comunidades de montes á hora de recabar datos sobre o terreo.
O Proxecto presentouse o pasado ano coa intención de evitar a desaparición duns nomes normalmente vencellados ó medio rural e que corren risco de desaparecer polo abandono das aldeas.
Galicia conta aproximadamente coa metade dos nomes de lugar que existen en todo o Estado Español, un total de tres millóns de nomes.



Novo impulso

A xuntanza que se celebrou onte serviu para acadar un acordo entre a Real Academia e a Comisión de Toponimia para "impulsar e axudar a sensibilizar á sociedade" sobre a toponimia. O compromiso da academia limitarase a facilitar persoal e recursos técnicos, aínd aque non se descarta que realice unha achega económica ó proxecto. Ademais, acordouse que a RAG teña un maior protagonismo dentro da Comisión e que impulse este proxecto. Xosé Ramón Barreiro sinalou a preocupación da RAG pola "desaparición da microtoponimia de Galicia". Logo desta xuntanza, os representantes das dúas entidades anunciaron que para o ano 2010 estará rematado o proxecto.



Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Real Academia Galega, Política Lingüística, Medio Rural...