Este ano cúmprense 25 anos da morte do cineasta alemán Rainer Werner Fassbinder. Unha efeméride que Berlín celebra cun amplo programa de actividades. Entre elas destaca a montaxe de As amargas bágoas de Petra Von Kant, un proxecto teatral que dirixe o galego Miquel Insúa. Ademais, a actriz galega Berta Ojea participa xunto a outras cinco intérpretes nesta montaxe, que se convertirá na primeira produción española que se presente no prestixioso Deutches Theater.
Máis información en La Voz de Galicia