Aínda sen coñecer a decisión da fiscalía, as análises preliminares da Capitanía Marítima e da Garda Civil descartan que o barco John Lethbridge espoliase restos arqueolóxicos na Ría de Vigo, segundo explica hoxe "Atlántico Diario". Este navío, da empresa Subsea, erguera sospeitas nas súas actividades para recuperar cobre dun navío afundido no século XIX. Ao tempo, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, lembrou onte que o seu departamento ultima un catálogo de patrimonio mergullado e que buscará unha maior eficacia no control destes bens.
Máis información na edición de hoxe de Atlántico Diario, en Galicia Hoxe e nos nosos arquivos