En plena reformulación do modelo de televisión pública, a Televisión de Galicia é un dos principais piares do sector audiovisual galego. Suso Iglesias, director xerente da Galega, ten o reto de reconducir a cadea no novo marco xurÃdico e tecnolóxico, marcado polo reto da incorporación das novas tecnoloxÃas. O primeiro chanzo está dado coa publicación no sitio web da programación de produción propia, achegándose asà ao concepto de televisión á carta.
Como ve o futuro da televisión pública galega tendo en conta o novo modelo de televisión que se aproxima?
O futuro da televisión vén marcado por tres feitos fundamentais: en primeiro lugar, polo incremento da oferta, que se materializa no proceso coñecido como fragmentación de audiencias; as novas cadeas (temáticas e xeralistas en aberto) sumaban 7 puntos de share en 2005 en Galicia; en 2007 suman case 21, o triplo de hai menos de 2 anos. En segundo lugar, pola maior capacidade de decisión do individuo, que pode cada vez máis escoller o que quere ver e en que momento (VOD, internet). E, por último, o incremento de canles de emisión, de modos de ver a televisión, en definitiva, en particular o nomadismo (móbiles, reprodutores portátiles, PDA) pero tamén, e xa actualmente, internet.
Neste contexto, a TVG deberá garantir o seu posicionamento baseándose no elemento de proximidade e apoiándose na identificación da sociedade coa súa televisión. Deberá tamén diversificar o seu perfil de audiencia, proceso en que estamos actualmente inmersos, e deberá ter presenza nos novos modelos de negocio.
PoderÃa facer unha prospección de mercado, como estará a TVG dentro de cinco anos? ¿Estaremos a ver a Galega no móbil, en dispositivos portátiles?
Non cabe dúbida de que o proceso de fragmentación de audiencias continuará, e cabe pensar que en pouco tempo teremos liderados arredor do 15% de share. Nese contexto, a TVG debe manter o seu posicionamento en relación ás demais xeralistas (o cal non significa manter o share actual, 14,9% en 2007). Aspiramos a que a TVG sexa a TV de todos, que non sexa marxinalizada por determinados segmentos sociais, que se desprenda de estereotipos.
A nivel tecnolóxico, a aposta actual é forte pola vertente web, que é a nova canle que maior repercusión ten e terá no curto prazo. A presenza nas novas canles é estratéxica para a cadea, e iso inclúe os móbiles (hai que precisar que actualmente pódese acceder a TVG con PDA conectadas a internet).
A TVG ofrece na rede a produción propia, como tivo lugar esta decisión?, ¿ten previsto desenvolver máis iniciativas neste sentido a curto ou medio prazo?
De cara a tomar posicións no novo contexto, cada vez máis próximo, a TVG incorporou en setembro de 2006 a súa produción propia a unha ampla oferta de televisión á carta a través da súa web (www.crtvg.es). As cadeas de TV terán que dar o paso, máis tarde ou máis cedo, se queren formar parte dun mercado en forte expansión.
Para a TVG, o interese vai máis alá dunha estratexia comercial. Trátase de utilizar unha canle como internet para achegarse a un público diferente, facilitar o contacto cun telespectador menos próximo á emisión convencional, para poder transmitirlle os múltiples cambios que se produciron na grella ao longo do último ano. E por outra banda, a TVG debe aproveitar todos os vehÃculos ao seu alcance para maximizar a difusión dos nosos contidos culturais e divulgativos.
O proxecto a curto e medio prazo é completar a oferta de TV á carta en internet, ao tempo que se desenvolve a vertente cultural da nosa web, con contidos producidos polos propios programas. A TVG conta cun amplÃsimo arquivo cultural que queremos poñer en valor a través da rede.