Caras novas do audiovisual, da literatura, da banda deseñada e da música preséntannos os seus próximos traballos

A creación ábrese paso

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

Alicia Fernández Rodríguez, Diego Blanco, Alfonso Zarauza e o Grupo Meu. Os seus nomes poden que, a día de hoxe, non digan grande cousa pero, nos vindeiros meses presentarán os seus novos proxectos. Son aire fresco da literatura, da música, do audiovisual e da banda deseñada que chegan cargados de ilusión e un cúmulo de boas intencións.

Caras para o futuro
1/4
Caras para o futuro
2/4
Caras para o futuro
3/4
Caras para o futuro
4/4

Non son necesariamente novos, pero a súa obra si o é. Non teñen un corpus excesivamente longo ás súas costas, pero si coa suficiente entidade como para dicir deles que darán moito que falar. Entraron no mundo creativo, cada un coas súas propias características, a contracorrente, cando o que facían non era nin o habitual, nin o esperable, pero os seus traballos sorprenden a quen xa os coñece. Alicia Fernández dedícase á escritura desde que ten nove anos, Diego Blanco foi o primeiro autor en unirse a Polaqia tralos cinco membros fundadores, Alfonso Zarauza comezou no audiovisual nun momento no que as curtametraxes eran algo escaso e impensable para o común dos mortais e o Grupo Meu cristalizou a traxectoria de diferentes bandas coruñesas coa decidida intención de percorrer un camiño novo.

Non son todos os que están, pero están todos os que son. Coñéceos (ver galería)

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Banda deseñada, Diego Blanco, Alfonso Zarauza...

Claves

Entidades