Non é só cousa de empresas que nos levan os tesouros afundidos. Os delitos contra o patrimonio son unha realidade cotiá coa que se bate unha lexión de persoas. Desde a propia Consellaría de Cultura ata a Garda Civil ou a Fiscalía, o traballo neste sentido implica toda unha variedade de institucións que se enfrontan a agresións do máis variado.
Desde auténticas bandas delitivas especializadas no comercio ilegal de antigüidades e pezas de arte ata quen, por descoñecemento ou por mala fe, destrúe un escudo heráldico. As ameazas contra o patrimonio son múltiples e variadas. Por fortuna, tamén á hora de punir estas agresións existen diferentes corpos que coordinan as súas actuacións con reunións periódicas. "En xeral en todos os casos pode intervir a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e o seu servizo de vixilancia", explica Antonio Roma, fiscal especializado en delitos contra o patrimonio e a ordenación do territorio. "Este mesmo servizo pode pórse en contacto coa fiscalía para lle comunicar asuntos que poden estar tocando aspectos penais". Para alén destes organismos, calquera interesado pode se dirixir, á hora de denunciar, á Garda Civil, "que ten o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e tamén unha sección sobre delito urbanístico", explica Roma. Ademais, é no ámbito de actuación deste corpo onde se producen moitas das agresións ao patrimonio. A Policía Nacional e a Autonómica teñen tamén competencias neste ámbito, así que non vale escudarse, para non denunciar estes feitos, en que falte onde chamar.
Distintos danos, distintas penas
En xeral, os fiscais especializados en patrimonio (un por provincia), interveñen naqueles casos en que os delitos contra o patrimonio teñen repercusións penais. "Por diferenciar infraccións, o Código Penal castiga os danos como a destrución total ou parcial dun depósito ou dun cruceiro, e tamén a subtracción", explica Roma, fiscal pola Coruña."A fiscalía tamén se encarga das autorizacións ilegais que afectan a patrimonio cultural. Neste caso as denuncias poden chegar ben mediante a Policía Nacional e mais a Garda Civil ou ben directamente". Nese sentido, o fiscal salienta que abondan as denuncias directas ao seu departamento. "Eu estou afeito a recibir bastantes, de feito penso que recibo máis que a Garda Civil, tanto en materia de urbanismo en xeral como en Patrimonio cultural". Nese sentido recoñece que ultimamente "o que máis se denuncia son autorizacións municipais ilegais". Naqueles casos nos que non é aplicable o Código Penal, a infracción fica a nivel administrativo. "A contravención á Lei de Patrimonio Cultural é competencia da Comunidade Autónoma e pódese denunciar sempre a Patrimonio ou á Garda Civil. Isto é o que corresponde á maior parte dos casos, como facer unha obra sen autorización ou sen control arqueolóxico. Nesas ocasións, a sanción vai por conta da administración", completa Roma.
Valor de menos
Un caso bastante común é a destrución con fins urbanísticos de bens localizados en propiedades privadas. "Hai delitos de danos contra o patrimonio cultural en casos nos que unha persoa destrúe un ben para obter máis edificabilidade. Tamén acontece o destruír un depósito arqueolóxico que lle impida edificar ou deixar caer intencionalmente unha casa catalogada". Nestas ocasións pode haber delito de danos contra o patrimonio histórico ademais de delito urbanístico. Un dos últimos casos que denunciou precisamente este fiscal, é o de dúas edificacións no concello de Toques. "Están dentro do perímetro de protección do ben propiamente dito. Ese caso, aínda que non é delito de danos ao patrimonio, si o é urbanístico", explica.
Valor de máis
Como podemos ver, non só o patrimonio natural é vítima do urbanismo desaforado. De calquera xeito, non é o menosprezo do patrimonio o único perigo para estes bens. Antes ao contrario, o posible valor económico das antigüidades repercute en ocasións na súa conservación. "Tamén hai subtraccións", recoñece Roma. "Isto é algo que temos que controlar, especialmente a circulación de determinadas obras de valor cultural coma a pedra tallada de cruceiros, escudos ou hórreos. Tamén hai que incidir no delito dos danos a bens que están en mans privadas". Canda á subtracción directa, tamén o comercio con este material está penado. "Os comerciantes teñen a obriga de levar o control das pezas que entran nas tendas", advirte o fiscal.
O espolio
A destrución dun depósito para conseguir pezas tanto en terra como baixo a auga, constitúe delito de dano ao patrimonio cultural. Neste caso englóbanse por exemplo as recentes denuncias sobre espolios en galeóns afundidos nas nosas costas. Cara ao interior, axéitanse a esta tipoloxía os casos de buscadores de tesouros en castros e mámoas, unha tendencia que nos últimos anos está a avanzar coa popularización dos detectores de metais portátiles. "Está moi en boga en Andalucía ou Castela a Mancha, Galicia ten un substrato moi grande e un solo moi acedo e os restos metálicos non aparecen tan limpos como noutros lugares", apunta este fiscal. Aínda así hai algún caso. "Houbo por exemplo unha sentenza en Pontevedra que condenou uns señores que tentaron entrar nunha mámoa e para iso causaron dous incendios e unha pala retroescavadora", lembra Roma.
Destruír por destruír
Aínda hai máis posibilidades de delinquir no que patrimonio se refire. O propio vandalismo, desde a realización de pintadas ata a destrución intencionada de bens patrimoniais, está penado. "O vandalismo por principio é un delito penal", explica o fiscal, e isto para alén de que, polo ben que afecten, teña repercusións administrativas. "As pintadas, a destrución dun petróglifo ou dun hórreo de máis de cen anos pódense sancionar tamén administrativamente", completa.
Penas e accións
A cousa non é de broma, xa que estes tipos de delitos poden dar nunha pena de prisión de entre un e tres anos. A isto pódense engadir multas que poden roldar catro veces o valor do ben afectado e chegar ata catrocentos euros diarios por un período máximo de doce meses, ao que se pode engadir o custo de recuperar o ben danado. Á hora de coordinar o traballo neste campo, os actores implicados na protección de patrimonio manteñen diferentes xuntanzas para unificar as súas actuacións e compartir a información que posúen. A maiores, a propia Consellaría de Cultura organiza unha vez ao ano cursos de formación para mellorar o coñecemento do persoal de Xustiza encol estes bens. O pasado ano abríronse 132 expedientes por este tipo de agresións. Na actualidade, a campaña "Mira por el" da Consellaría de Cultura tenta concienciar os cidadáns da importancia de protexer o noso patrimonio e animalos a que denuncien este tipo de feitos. Boa falla fai.