Dúas horas de paro feminino contra a discriminación

Mulleres do mundo: en marcha

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

As galegas traballadoras están chamadas polos sindicatos a cesar hoxe a súa actividade laboral entre as 12 e as 14 horas para protestar contra a precariedade e discriminación laboral a que se atopan submetidas. Este paro pretende apoiar a "Marcha Mundial das Mullers 2000" de Nova York e Bruxelas, onde participarán tamén representacións galegas

Convocatoria de paro

Ademais dos paros, as prazas das principais cidades galegas e da vila de Cee serán escenario, ás 13 horas, de mobilizacións. Ademais 220 galegas asistirán a marcha de Bruxelas do vindeiro día 14 diante do Fondo Monetario Internacional. Pola súa banda Guadalupe Ces representará a Galicia nunha entrevista que manterá un grupo de mulleres co secretario xeral da ONU Koffi Annan.

Discriminación

Segundo un informe da ONU unha de cada tres mulleres sofre malos tratos, 200 millóns de nenas está sen escolarizar e que 60 millóns de abortos foron de fetos femininos. En Galicia a poboación feminina ocupa as categorías máis baixas, é discriminada salarialmente e ten un 61 por cento de eventualidade laboral. O país tamén se fará sentir na marcha de Nova York, onde a manifestación se fará ó ritmo de Milladoiro.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Bruxelas, Nova York, ONU...

Claves

Entidades
Conceptos