Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Resurrection Fest 2017 arrasa nos galardóns Iberian festival Awards

O EVENTO VIVEIRENSE SAE CONSIDERADO O MELLOR FESTIVAL DE GRAN FORMATO DA PENíNSULA

O Resurrection Fest 2017 arrasa nos galardóns Iberian festival Awards

ROCK | marzo 16, 2018

imaxe non dispoñible

O XIIº festival Resurrection Fest de Viveiro, ven de gañar catro premios absolutos dos oito nos que era finalista nos Iberian festival Awards. Os galardóns, que recoñecen en varias categorías aos eventos musicais de toda a península ibérica, entregáronse nunha gala celebrada onte en Lisboa. A pasada edición do Resurrection Fest optaba como finalista a oito de este premios e finalmente acadou catro deles entre os que está o gran titulo a Best Major festival o mellor festivald e gran tamaño de España e Portugal. Non menos importantes son os premios acadados nas categorías de Mellor Cartel (Best line-up) e Mellor Actuación Internacional (Best Live performance) pola que a banda xermana Rammstein, cabeza de cartel, fixo o pasado verán en Viveiro. Os premios recoñeceron tamén as excelencias da contorna viveirense e e da organización ao premiar a zona de acmapada como a a mellor da península. A empresa galega que promove o Resurrection, Old Navy Port S.L. tamén sae de Lisboa co premio a nivel español para o Tsunami Xixón, que organiza. O festival Portamérica de Caldas de Reis consegue tamén un recoñecemento á Mellor Activación de Marca polo traballo feito con Ron Barceló.