Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Manolo Bacalhau leva ao disco os cantos da taberna con Sondobar

É O PRIMEIRO áLBUM EN SOLITARIO DO VETERANO CANTOR FERROLáN

Manolo Bacalhau leva ao disco os cantos da taberna con Sondobar

FOLK | xaneiro 19, 2018

sondobar_manolo_bacalhau_edited.jpg

Logo dunha exitosa campaña de crowdfunding, o ferrolán Manolo Bacalhau debuta no mercado discográfico con Sondobar. A seguir a súa traxectoria de colaboracións no campo da música da raíz, este cantor aposta pola reivindicación dos cantos de taberna para o seu primeiro traballo. Temas populares galegos e portugueses, poemas musicados de Rosalía ou Curros ou unha versión de Zeca Afonso danse cita nos dez cortes que achega este traballo. Ademais do CD, o proxecto comprende un DVD cun documental sobre o músico e varios temas gravados ao vivo. O Teatro Jofre de Ferrol acolleu o pasado 13 de setembro o multitudinario recital de presentación.



datos do disco