Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Rafael Quintía e João Bieites presentan A Pedra do Fundamento

O áLBUM PRESENTA VINTE E NOVE TEMAS INSPIRADOS NA MITOLOXíA GALEGA

Rafael Quintía e João Bieites presentan A Pedra do Fundamento

FOLK | abril 7, 2017

pedra_do_fundamento_quintia_bieites.jpg

Unha escolma de dez anos de traballos musicais compoñen A Pedra do Fundamento, o álbum que acaban de presentar o antropólogo Rafa Quintía e o músico João Bieites. En total son vinte e nove temas inspirados na mitoloxía galega nos que se combinan pezas compostas para documentais con traballos inéditos. O proxecto, audoeditado, mestura sons folk e tradicionais e contou con colaboracións como as de Francisco Sutil, Antonio Vázquez, Alexandre Leiro, Xosé Feijoo, Rosalía Rodríguez ou César Martínez. Guitarras e outros instrumentos de corda mestúranse con gaitas, teclados e diferentes percusións no álbum, cuxos temas fan referencias a lugares como A cruz do Seixo ou A fonte da prata e a elementos e lendas como Labirintos, O Alicornio ou O demo asubiador, que fan parte da nosa cultura tradicional.



datos do disco