Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A OSG e Quico Cadaval levarán o mar ao Palacio da Opera

EN "HISTORIAS DO MAR" OFRéCESE UNHA EXPERIENCIA MUSICAL E NARRATIVA ASOMADA A LENDAS E IMAXES MARIñAS

A OSG e Quico Cadaval levarán o mar ao Palacio da Opera

CLáSICA/LíRICA | febreiro 22, 2017

imaxe non dispoñible

A Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Diego García Rodríguez presenta unha nova proposta didáctica dentro do seu programa educativo Son Futuro baseada nun dos pilares da vida do noso país: O Mar. Coa colaboración do actor Quico Cadaval a OSG perseguirá a creación de públicos para á música lírica e clásica usando para iso a obertura de O holandés errante de Richard Wagner e os Catro interludios mariños de Benjamin Britten, unha obra do século XX na que se describe o mar en diferentes situacións. Varias representacións didácticas para escolares e unha de Concertos para a familia este venres ás 18 horas no Palacio da Ópera da Coruña ofrecerán este programa de temática mariña . Quico Cadaval fará a narrativa dramática da interesante lenda do buque pantasma de O Holandés errante e tamén, despois de cada un dos interludios, trasladará ao público á beira do mar partindo das imaxes mitolóxicas e as aventuras de piratas ata chegar a unha descrición de situacións cotiás das xentes do mar. A OSG elaborou unha guía didáctica para estas representacións orientada ao público máis cativo.