Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Programación Lírica da Coruña reoriéntase na nova temporada

O PROGRAMA INCLúE A ESTREA DE FALSTAFF EN VERSIóN SEMIESCéNICA

A Programación Lírica da Coruña reoriéntase na nova temporada

CLáSICA/LíRICA | xullo 20, 2016

imaxe non dispoñible

Logo dos problemas de financiamento que marcaron a última temporada, a Programación Lírica da Coruña volta cunha nova orientación. O Concello da Cidade Herculina acollía onte a presentación desta iniciativa, que inclúe a estrea en Galicia, o vindeiro tres de setembro, de Falstaff. A Sinfónica de Galicia, co apoio da AGADIC desenvolverá a versión semiescénica de Gustavo Tambascio, desta ópera de Verdi. Un reparto encabezado por Bryn Terfel e Ainhoa Arteta xunto coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos serán os responsables da montaxe. Canda a isto, destaca tamén a montaxe O Barbeiro de Sevilla o vindeiro 17 de setembro. O ciclo contará ademais con Celso Albelo, Barry Banks, Leo Nucci, Marianne Cornetti ou Juan Jesús Rodríguez. Dentro do programa contínua o ciclo As novas voces galegas que chega á décima edición, e súmase Lírica Inclusiva, un formato que pretende achegar a ópera a novos públicos.

Ademais das actuacións ao vivo, o ciclo inclúe as proxeccións das óperas Badaladas a media noite, Otelo, Romeo e Julieta, A tempestade e Hamlet. Conferencias ou o III Curso de Interpretación Vocal de Alberto Zedda fan tamén parte da iniciativa. O progrma desenvolverase entre o 28 de agosto e o 9 de decembro vindeiros.

A actual edición conta cun orzamento total de 415.000 euros, o que supón un importante descenso a respecto de anteriores xeiras. Esta mingua provocou tamén que esta sexa a primeira programación na que non se representarán ópera completas, segundo sinala La Voz de Galicia.