Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / AGADIC dá a coñecer a relación de festivais musicais aos que axudará no presente ano

O LEVE AUMENTO DA PARTIDA PERMITE INCLUíR UN MáIS QUE EN 2015

AGADIC dá a coñecer a relación de festivais musicais aos que axudará no presente ano

MISCELáNEA | xullo 4, 2016

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de facer pública a relación de proxectos subvencionados, puntuacións e contías concedidas ao abeiro da súa convocatoria de axudas a festivais de música. Trece son os festivais que este ano acaban de saber que acadarán parte dos seus orzamentos grazas a estas axudas resultando o Resurrection Fest 2016 que se celebrará esta vindeira fin de semana en Viveiro o máis beneficiado coa axuda máxima de 50.000 euros, seguido polo PortAmérica de Nigrán con 35.052 euros. A partida deste ano foi de 220.000 euros, dez mil máis que o ano pasado, no que foron 12 os festivais que recibiron axudas.

A porcentaxe máxima de concesión de subvención a través desta convocatoria a un festival non pode exceder o 50 % do seu orzamento subvencionable. Unha comisión integrada por algúns especialistas como Víctor Carou, Nonito Pereira e Gonzalo Villar Sanjurjo puntuaron os festivais solicitantes. Na lista de subvencionados deste ano non repiten festivais como o Festigal, Festival do Norte, Reperkusión ou Festival de Jazz e Blues de Ribadeo. Na súa vez aparecen o Work On Sunday Festival, SonRías Baixas de Bueu, Cantos Na Maré, Festival Vertixevigo e Santiautor 2016.