Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Fundación Reveriano Soutullo recupera 47 partituras do compositor

O ACHADO PERMITE COñECER MELLOR O PRIMEIRO PERíODO CREATIVO DO MúSICO

A Fundación Reveriano Soutullo recupera 47 partituras do compositor

CLáSICA/LíRICA | abril 4, 2016

imaxe non dispoñible

Un total corenta e seis composicións para banda e unha para piano do compositor Reveriano Soutullo acaban de saír á luz da man da fundación que leva o seu nome. A entidade presentaba o pasado venres en Ponteareas este achado que se realizou no arquivo de Xavier Andrés Garrote Covelo. As partituras agora recuperadas son anteriores a 1915, o que permite coñecer máis polo miúdo os inicios compositivos de Soutullo. Segundo informou a Fundación, quedan aínda por recuperar máis de 100 partituras deste histórico compositor