Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Abren as convocatorias para festivais e desenvolvemento audiovisual

XA ESTáN EN MARCHA AS ANUNCIADAS CONVOCATORIAS DA AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Abren as convocatorias para festivais e desenvolvemento audiovisual

MISCELáNEA | marzo 2, 2015

imaxe non dispoñible

Poucos días depois de anunciar os orzamentos das súas liñas de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais comezou a realizas as correspondentes convocatorias. O Diario Oficial de Galicia do pasado venres recollía a liña de axudas a festivais, dotada con 210.000 euros para eventos dedicados á música e 160.000 para os de artes escénicas. O prazo de presentación para os interesados remata o vindeiro 27 de marzo.

Pola súa banda, as axudas dedicadas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega aparecen recollidas no DOG de hoxe cunha dotación de 185.000 euros. A liña apoia a realización de longametraxes cinematográficas de ficción, animación e documentais, miniseries de ficción, series de animación e programas pilotos, e está aberta durante un mes a partir de mañá, 3 de marzo.