Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A AGADIC completa as axudas á distribución para empresas culturais

NESTA TERCEIRA RESOLUCIóN A AXENCIA DISTRIBúE 76.233 EUROS ENTRE 33 PROXECTOS

A AGADIC completa as axudas á distribución para empresas culturais

MISCELáNEA | outubro 29, 2014

imaxe non dispoñible

A Axencia Galega das Industrias Culturais daba a coñecer onte a terceira e última resolución das axudas á distribución e promoción exterior para as industrias culturais. A AGADIC distribúe nesta xeira 76.233 euros entre 33 proxectos, aos que apoia na asistencia a feiras e festivais, xiras fóra de Galicia e representacións no noso propio país. Con esta convocatoria, a Axencia completa as axudas previstas para este ano, e salienta que en total a convocatoria achegou 334.484 euros a 54 empresas que distribuirán un total de 104 propostas de exhibición de espectáculos escénicos e musicais.

Nesta última convocatoria a xira española de Vetusta Morla, coordinada por Esmerarte Industrias Creativas, é a que leva unha maior axuda, cun total de 18.874,26 euros. Mar Maior producións, pola súa banda, acumula máis de 25.000 euros para as xiras e actuacións de Luar na Lubre en diferentes escenarios de España e Iberoamérica. A distribución de Ogrocho, de Teatro de Ningures en Galicia, recibiu pola súa banda 4.322 euros.

DOCUMENTO