Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / AGADIC amplía a programación das redes de teatros, de salas e de música ao vivo

OS CIRCUíTOS ACHEGARáN 409 ACTUACIóNS EN 74 ESPAZOS ATA FIN DE ANO

AGADIC amplía a programación das redes de teatros, de salas e de música ao vivo

MISCELáNEA | xullo 10, 2014

imaxe non dispoñible

Un total de 409 actuacións de teatro, música, danza, maxia e novo circo, desenvolveranse por toda Galicia ata fin de ano no marco das redes de teatros e auditorios, salas e música ao vivo. A Axencia Galega das Industrias Culturais adiantou a programación do segundo semestre destas iniciativas, a destacar que se amplían en 9 os locais participantes e un 13,7 por cento o total de actuacións respecto ao pasado ano.

Por redes, a de música ao vivo contará este ano con 143 actuacións a cargo de 35 grupos de música e de oito compañías escénicas, que se desenvolverán en 32 salas de 22 localidades galegas. En canto á Rede Galega de Salas, son novidades a Sala Gurugú da Coruña e Ingrávida do Porriño, que se suman ao Teatro do Andamio na Coruña, á Fundación SGAE en Santiago e ao Teatro Ensalle en Vigo. No que queda de ano estes espazos acollerán 65 actuacións de teatro, danza, novo circo e maxia protagonizadas por 41 compañías. En canto a teatros e auditorios, os 37 escenarios integrados no circuíto albergarán 201 funcións ata decembro.