O Consello da Cultura homenaxea a Curros en No bico un cantar
xuño 2, 2014
O venres seis de xuño, o claustro barroco do mosteiro de San Salvador de Celanova acolle o concerto No bico un cantar. O Consello da Cultura e a Consellería de Cultura, en colaboración do Concello de Celanova e de Vegalsa-Eroski organizan esta actividade que busca achegar os máis novos ás nosas música e letras. Curros Enríquez toma o relevo de Rosalía de Castro na segunda edición desta iniciativa, que conta coa colaboración de 400 nenos e nenas de todo o país que participarán da interpretación de varios temas de compositores galegos.
O quinteto Hércules Brass acompañará a actuación de cativos e catigas, que estarán dirixidos por Maximino Zumalave. A Rosalía de Xosé baldomir, Unha noite na eira do trigo de Xoán montes, Os teus ollos de Xosé Castro Chané e Nouturnio de Xabier Comesanha son as catro pezas que se poderán escoitar no recital.