Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os festivais escénicos e musicais reciben apoio de AGADIC

A ENTIDADE ABRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS CUN ORZAMENTO TOTAL DE 460.000 EUROS

Os festivais escénicos e musicais reciben apoio de AGADIC

MISCELáNEA | maio 28, 2014

imaxe non dispoñible

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as convocatorias de axudas a festivais escénicos e musicais e mais a aqueles certames de carácter afeccionado. A Axencia Galega das Industrias Culturais distribuirá un total de 460.000 euros nestas liñas de axudas. Por unha banda, os festivais escénicos e profesionais poden optar a subvencións por valor de 360.000 euros, mentres 40.000 van para as convocatorias de afeccionados e 60.000 destínanse directamente á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en virtude dun convenio entre esta entidade e a Consellaría de Cultura.

Ao se disgregar a achega pública do Festival de Ribadavia da convocatoria de axudas, o resto de citas deste tipo dispoñen de 60.000 euros máis a respecto do pasado ano.