Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concerto das Letras Galegas será en Lugo este ano

O CíRCULO DE BELAS ARTES ACOLLERá ESTA ACTIVIDADE O VINDEIR

O Concerto das Letras Galegas será en Lugo este ano

CLáSICA/LíRICA | maio 2, 2014

imaxe non dispoñible

O Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Sociedade Filharmónica de Lugo, organiza un ano máis o Concerto das Letras Galegas. Desta volta será o Círculo de Belas Artes da Cidade da Muralla o que acolla o recital o vindeiro venres 16 de maio. Maximino Zumalave dirixirá a orquestra Real Filharmonía de Galicia, o grupo vocal Solo Voces e o Collegium Compostellanum, que interpretarán un repertorio de compositores e escritores lucenses. No acto estrearase a peza que lle pon música ao `poema Penélope, de Díaz Castro, que o CCG lle encargou ao compositor Octavio Vázquez.