Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Are More podería non celebrarse en 2011 ao non concretarse a axuda do concello
O Are More podería non celebrarse en 2011 ao non concretarse a axuda do concello
agosto 31, 2011
Ute Lemper, Teresa Berganza, Diego el Cigala, María Bayo… son só algún dos artistas que desfilaron polo cartel do Are More. O festival de música culta que chegou a figurar entre a revistas especializadas entre os tres mellores do Estado. No 2010 desapareceu da programación anual olívica e no 2011 parece correr a mesma sorte. A prensa viguesa publicaba estes días que o concello non ten ningunha resposta cando é preguntado por ese tema e que a dirección do festival non ten recibido ningunha comunicación ao respecto.