Ti estás aquí > Inicio / / Cultura dá continuidade ao ciclo Xacobeo Importa para música experimental e transgresora
Cultura dá continuidade ao ciclo Xacobeo Importa para música experimental e transgresora
marzo 14, 2011
Xa non se chama Xacobeo Importa senón Galicia Importa, pero mantén a mesma filosofía e obxectivos. Cultura acaba de dar a coñecer a programación deste ciclo que programa música máis actual, experimental e transgresora. Pete Doherty, Jay Jay Johanson e Matthew Stephen Ward son algúns dos participantes deste proxecto que, segundo afirma unha nota de prensa da Consellaría, pretende “conseguir que a nosa Comunidade sigua a ser un dos centros de referencia das manifestacións artísticas máis actuais”. O ciclo comezará o vindeiro 16 de abril na sala Capitol de Santiago da man de Pete Doherty.