Catro artistas levan as súas propostas á Photo-London mentres a Orquestra de Cámara Galega asiste ao festival de Viena

Por aquí e acolá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A creación galega bule estes días fóra do país. A Orquestra de Cámara Galega dirixida por Rogelio Groba participará o venres 25 no Festival de música contemporánea de Viena, Wien Modern. En Italia, a editorial Edizione Estemporance acaba de anunciar a publicación de “Cruceiros”, unha antoloxía de narrativa fantástica galega. En Londres catro artistas amosarán as súas fotografías na feira Photo-London, mentres que Yolanda Castaño é a única autora galega no maior encontro poético de Lituania, a Primavera Poética.

Máis información en El País sobre a presenza da Orquestra de Cámara en Viena e sobre a publicación Cruceiros; no Faro de Vigo sobre a Photo-London e a participación de Yolanda Castaño en Lituania en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Yolanda Castaño, Narrativa, Italia, Rogelio Groba...