Galicia e Portugal dan o primeiro chanzo da Rede Ibérica de supercomputadores

Ibercomputador

Os ministros de ciencia e educación superior de España e Portugal, Mercedes Cabrera e José Mariano Gago, respectivamente, deron onte en Santiago unha conferencia que se converte no primeiro chanzo da Rede Ibérica de Supercomputadores. Un proxecto que pretende resolver problemas de cálculo a través de ordenadores distribuídos en rede e que supón o primeiro exemplo de traballo neste eido entre Galicia e Portugal.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e na nosa hemeroteca