A primeira xuntanza do Padroado da Doazón Fernández del Riego acorda crear un novo espazo para a biblioteca deste galeguista

Biblioteca Del Riego On

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Tiveron que pasar doce anos desde a súa constitución para que o Padroado da Doazón Fernández del Riego celebrase a súa primeira xuntanza. Cando menos, esta foi frutífera, xa que no encontro acordouse buscar un novo espazo que albergue a ampla colección do galeguista, que xa non atopa sitio na Casa Galega da Cultura. Ademais, un investimento de 17.000 euros permitirá a informatización dos fondos, e os responsables da biblioteca pasarán a formar parte do persoal do Concello de Vigo.

Máis información na edición de hoxe do Faro de Vigo; e no web do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Faro de Vigo, Francisco Fernández del Riego

Claves

Lugares