O concepto da normalización lingüÃstica adoita ter asociado un certo ar tráxico: O esmorecemento dunha lingua, a loita épica por recuperala, as campañas de presión... No entanto, existen orixinais propostas que xogan precisamente con sentimentos opostos coma o humor ou a sorpresa para traballar a prol do idioma. É a normalización divertida.
É ben sabido que o humor pode abrir moitas portas. Ata as cancelas que levan a que unha persoa opte por falar galego. "Entendemos que para gañar persoas para a lingua os estÃmulos teñen que ser sobre todo positivos e lúdicos", explica desde a cooperativa Tagen Ata Paula RÃos. Esta empresa leva xa varios anos achegando a súas propostas de normalización desde actividades coma os Obradoiros Máis Alá de Lingua e Sociedade. En xeral, o seu traballo encol da lingua parte deste enfoque, que concretan de diversos xeitos. "Desenvolvemos desde xogos de taboleiro ata xogos de rúa, buscas de tesouros ou actividades con pistas. No ámbito das novas tecnoloxÃas traducimos para o galego xogos de código aberto e animamos a xente a construÃr os seus propios blogs, sempre de xeito distendido e tentando que se empregue unha ollada divertida".
As vantaxes da diversión
"Non se pode seguir relacionando normalización só co ámbito educativo. Concibimos o noso traballo para o tempo de lecer, e aà non podes meter algo pesado", explica Paula.
Ao tempo, tamén dentro das aulas hai factores que animan a modificar o xeito de actuar. Segundo explica Sechu Sende, que leva a anos a traballar neste campo, "vemos que o alumnado mudou completamente e que non se pode tratar o galego nas aulas como se facÃa hai uns anos", apunta. "O tradicional foi traballar os usos da lingua, e debemos tocar tamén as actitudes cara ao galego e os prexuÃzos. Para iso cómpren novos materiais e enfocar a lingua cunha formación máis aberta, alén da puramente filolóxica e con aspectos de PsicoloxÃa Social ou SocioloxÃa", lembra este profesor de galego e escritor. Pola súa banda, tamén os colectivos de defensa do idioma ven as posibilidades que achegan as propostas máis lúdicas relacionadas coa lingua. "Desde a Mesa preténdese demostrar que tamén a través do humor e da retranca pode manterse unha actitude reivindicativa. Ao tempo queremos dar unha imaxe dinámica da lingua e dos movementos sociais que traballan na súa defensa", completa Fran Rei, responsable de mocidade da Mesa Pola Normalización.
A protesta simpática
Precisamente na Mesa aproveitan os recursos humorÃsticos como un xeito de protesta que complementa campañas de denuncia do máis serio. "Por exemplo, na campaña que reclamaba o dereito a casar en galego fixemos representacións paródicas en varios xulgados con actores coñecidos. Montábase unha voda na que habÃa que recorrer a un intérprete, que foi unha solución que propuxeron na realidade algúns xuÃces", explica Rei. De xeito semellante, durante as protestas pola representación de Valle-Inclán en castelán por parte do Centro Dramático Galego tamén se fixeron representacións con disfraces. "Nas últimas estreas de Harry Potter tamén se animou a xente a vir disfrazada de personaxes dos filmes", completan desde esta organización. Podemos sumar a este emprego da retranca a campaña "Descubre a túa identidade", que xogaba co referente dos filmes "Matrix" como xa fixera no seu dÃa a VÃa Anti-Colonial Activa (VA-CA) coa súa "Festa Neo".
Xincanas lingüÃsticas
Voltando ao traballo de Tagen Ata, temos como exemplo a Escola de Verán Máis Alá, en Fene. Alà este colectivo, ampliando a iniciativa dos obradoiros homónimos, tratan "os temas transversais que hai ao longo do curso relacionados de xeito lúdico coa normalización", explica Paula RÃos. Entre as actividades que desenvolven cita algunhas coma "xogos cooperativos; contidos de fÃsica e de matemáticas aplicados á maxia ou aos experimentos quÃmicos; excursións para coñecer os arredores nas que traballamos o léxico ao tempo que a bioloxÃa; xogos de pistas para coñecer a propia vila e vencellar ao tempo ese coñecemento coa lingua...". Afondando un pouco máis, explÃcanos que nunha proposta coma esta última "podemos traballar cuestións como a diversidade lingüÃstica e ensinarlles por exemplo os números en euskera. A idea é que recoñezan a diversidade como algo positivo para a humanidade e que lle perdan o medo ao distinto. Todos os factores, e tamén a lingua, suman e fan de nós persoas únicas nunha realidade única, que non é nin mellor nin peor", completa esta traballadora da lingua.
Buscar mensaxes
"Se queremos socializar o galego cómpre ter un núcleo de resistencia ideolóxico, pero sobre todo hai que ter moitas mensaxes para moitas persoas, o achegamento non vai ser só ideolóxico", explica Sechu Sende. Desde esta perspectiva, este profesor explÃcanos un dos vieiros polos que chegou á aplicación do humor á lingua. Unha das súas primeiras propostas neste sentido foi un xogo, con ocasión do Correlingua de hai uns anos, "que facÃa reflexionar sobre as razóns que poden levar a xente a falar galego e as contradicións que alguén pode ter por non o facer. HabÃa un taboleiro no que se debÃa facer un percorrido que pasaba polas diferentes etapas, desde a motivación para falar galego ata o coñecemento e o emprego".
O aventureiro da hipnose
Tempo despois, con ocasión dun obradoiro sobre normalización para monitores de tempo libre, maioritariamente castelanfalantes, Sende deulle unha reviravolta ás súas ideas. "Pensei que o mellor xeito era falar a través do humor. Entón fixen un personaxe, un aventureiro que tiña coñecementos de FiloloxÃa, PsicoloxÃa e AntropoloxÃa, que estivera estudando tribos no Amazonas e viaxando por Australia", explica. "A través dese personaxe explicaba como estaba a situación da lingua, e despois Ãa metendo cousas coma un estudo sociolingüÃstico dos adolescentes baixo os efectos das drogas, que amosaba os prexuÃzos da xente nova. Tamén lle pasei unhas instrucións para falar galego, que amosaban que é realmente moi sinxelo facelo no noso paÃs, e outros textos humorÃsticos. Ao final sacaba o péndulo e facÃa unha sesión de hipnose que era un suposto método para falar galego", completa. Segundo asegura este profesor, a experiencia foi todo un éxito.
Mudar mitos e esquemas
Outra curiosa proposta que realiza Sende é contar a historia que o levou a se facer galegofalante. "A min educáronme de xeito diglósico, e falei castelán ata a miña mocidade", explÃcalle aos seus alumnos. "Entón un DÃa das Letras tiven a experiencia de contactar, a través dun taboleiro de ouija con Castelao, que me abriu os ollos e me mudou a vida". Boa parte dos textos que este autor realizou encol da lingua desde esta perspectiva verán a luz en breve no volume "Made in Galiza". Nese sentido, este normalizador explica que "Esta historia tenta tamén tirarlle algo de importancia aos mitos. A Castelao debémoslle respecto, pero tamén precisamos referencias actualizadas. Hai unha serie de novos sociolingüistas que non están a ser incorporados ao sistema comunicativo galego". Desde esta perspectiva, tanto Sende como Tagen Ata teñen clara a necesidade de incorporar este tipo de propostas aos procesos de normalización. "Desde as redes sociais, Internet, as asociacións ou os locais sociais, vese que hai propostas innovadores sobre o tema da lingua", explica Sechu Sende. "Hai unha base social da que o sistema máis formal non pode prescindir, é unha vÃa que está comprobada e é imprescindible actualizar e superar os esquemas", explica. Poida que nuns anos propostas como as que recollemos aquà deixen de ser casos estraños e se normalicen dentro do propio traballo de normalización.